Listen

Remit

Supervisamos a integridade e a transparencia dos mercados maioristas de electricidade e de gas, que integran tanto o mercado de contado como o mercado a prazo, monitorizando que as operacións executadas polos participantes en ditos mercados se realizasen en ausencia de prácticas de abuso de mercado (manipulación e/ou uso de información privilexiada).

Rexistramos aos participantes nos mercados maioristas de electricidade e de gas que residen en España e están obrigados a comunicar as súas operacións a ACER.

Regulamento REMIT e guías de implementación de ACER

Información básica

Este Regulamento Europeo establece normas que prohiben as prácticas abusivas que afectan aos mercados maioristas da enerxía, entendidos estes como o conxunto de mercados de contado e a prazo, con liquidación física ou financeira, de electricidade e gas natural, en cada un dos Estados Membros.

En concreto, a través de REMIT establécense prohibicións respecto á realización de operacións con información privilexiada (artigo 3) e de manipulación ou tentativa de manipulación do mercado (artigo 5), así como a obriga de publicar información privilexiada (artigo 4).

Así mesmo, REMIT establece un marco normativo específico para a supervisión do mercado maiorista da enerxía, impulsando a coordinación entre a Axencia para a Cooperación dos Reguladores Enerxéticos (ACER) e as autoridades reguladoras nacionais para a realización desta función de supervisión.

Regulamento de execución de REMIT

REMIT e os Participantes no Mercado

REMIT establece unha serie de obrigas e prohibicións para os participantes no mercado. Ditos participantes quedan definidos no Regulamento como "calquera persoa, incluídos os xestores das redes de transporte, que realicen transaccións, incluída a emisión de ordes de realizar operacións, nun ou varios mercados maioristas da enerxía"(artigo 2, apartado 7).

Dende a entrada en vigor de REMIT (o 28 de decembro de 2011), os participantes no mercado deben cumprir coas seguintes prohibicións e obrigas:

  • Prohibición de realizar operacións con información privilexiada (artigo 3)
  • Prohibición de manipulación ou tentativa de manipulación do mercado (artigo 5)
  • Obrigación de publicar información privilexiada (art. 4.1)
  • Obrigación de notificar a ACER e á autoridade reguladora nacional competente cando apliquen as exencións recollidas no artigo 3.4.b e no artigo 4.2

Adicionalmente, unha vez adoptados pola Comisión Europea os actos de execución de REMIT, os participantes no mercado deberán cumprir coas seguintes obrigas:

  • Rexistro de participantes no mercado (artigo 9): nun prazo máximo de tres meses dende a adopción dos actos de execución da Comisión Europea (isto é, ata o 17 de marzo de 2015), as autoridades reguladoras nacionais crearán rexistros nacionais dos participantes no mercado, que manterán actualizados. Antes de realizar calquera operación suxeita á obriga de comunicala á Axencia de conformidade co artigo 8, apartado 1, os participantes no mercado deben terse rexistrado ante a autoridade reguladora nacional do Estado membro no que estean establecidos ou residan ou, no caso de que non estean establecidos nin residan na Unión Europea, ante a dun Estado membro no que actúen.
  • Reporte de datos das operacións (ordes e transaccións) realizadas no mercado maiorista da enerxía, así como dos datos fundamentais do mercado (artigo 8): a partir dos nove meses da adopción dos actos de execución da Comisión Europea (isto é, a partir do 7 de outubro de 2015), os participantes no mercado ou, no seu nome, a persoa/autoridade habilitada para iso, facilitarán á Axencia un listado das operacións que realizasen no mercado maiorista da enerxía, incluídas as ordes para realizar operacións, así como os datos fundamentais do mercado.  

Publicación de información privilexiada

Os participantes no Mercado difundirán, de maneira efectiva e oportuna, a información privilexiada no seu poder relativa a empresas ou instalacións que eles mesmos, ou a súa empresa matriz ou conexa, posúan ou dirixan, ou sobre as que ditos participantes ou empresas teñan responsabilidades operativas, xa sexa total ou parcialmente. Dita difusión incluirá información relacionada coa capacidade e a utilización das instalacións de produción, almacenamento, consumo ou transporte de electricidade ou de gas natural, ou relacionada coa capacidade e a utilización de instalacións de GNL, incluída a indispoñibilidade planificada ou non de ditas instalacións (artigo 4.1).

Notificación exencións relativas á publicación de información privilexiada

Os participantes no mercado teñen a obriga de notificar a ACER e á autoridade reguladora nacional competente cando apliquen as exencións recollidas no artigo 3.4.b (cobertura de perdas físicas inmediatas derivadas de cortes non planificados) e no artigo 4.2 (retraso excepcional na publicación de información privilexiada para non prexudicar intereses lexítimos).

Co obxectivo de facilitar a obriga de notificación aos participantes no mercado, ACER desenvolveu unha aplicación web específica á que se pode acceder a través das seguintes ligazóns:

Rexistro español de participantes no mercado

O artigo 9 de REMIT establece a obriga dos participantes no mercado maiorista da enerxía, que realicen operacións que deben ser reportadas a ACER (artigo 8.1), de rexistrarse ante a autoridade reguladora nacional do Estado membro no que estean establecidos ou residan ou, no caso de que non estean establecidos nin residan na Unión Europea, ante a dun Estado membro no que actúen. O 26 de xuño de 2012, ACER adoptou a decisión nº 01/2012, a través da cal definiu o formato que debía ter o rexistro de participantes no mercado:

(FALTA DOCUMENTO DA DECISIÓN 01/2012 PARA ADXUNTALO)

No mercado español, os participantes no mercado deben rexistrarse ante a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), tal e como se establece na Resolución pola que se crea o rexistro español de participantes no mercado maiorista da enerxía en cumprimento do artigo 9 do Regulamento (UE) nº 1227/2011 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a integridade e a transparencia do mercado maiorista da enerxía.

O acceso ao rexistro realízase a través da seguinte aplicación: 

Acceso ao Rexistro Español de participantes no mercado

Documentos Asociados 3 Icono flecha hacia abajo Icono X para cerrar

La acreditación de la representación para poder actuar en nombre del participante en el mercado puede realizarse a través del siguiente modelo

Sesión Informativa de la CNMC a consumidores finales sobre el Registro de participantes en el mercado (14 de julio de 2015)

Registro

Fecha de publicación: 14 de Julio del 2015

Normativa

Fecha de publicación: 14 de Julio del 2015

Reporte de datos das operacións (ordes e transaccións) realizadas no mercado maiorista da enerxía, así como de datos fundamentais

O artigo 8 de REMIT establece a obriga dos participantes no mercado maiorista da enerxía, ben directamente ou ben a través dunha persoa ou entidade autorizada para actuar no seu nome, de reportar a ACER o listado das operacións realizadas no mercado maiorista da enerxía, incluídas as ordes para realizar operacións, así como dos datos fundamentais do mercado.

Dita obriga de reporte de datos entrará en vigor unha vez transcorridos nove meses desde a adopción dos actos de execución da Comisión Europea (isto é, a partir do 7 de outubro de 2015).

A través deses actos de execución, adoptados a través do Regulamento de Execución (UE) Nº 1348/2014 da Comisión, do 17 de decembro de 2014, a Comisión Europea determina o listado de contratos e derivados (incluídas as ordes), así como os datos fundamentais do mercado, que deben ser reportados a ACER, co detalle da información a reportar e o procedemento de comunicación.

Para o cumprimento da obriga de reporte de datos das operacións no mercado maiorista de enerxía, así como dos seus datos fundamentais, ACER, a través do seu portal REMIT, facilita unha serie de documentos de axuda aos que se pode acceder a través da seguinte ligazón:

Documentos Acer

REMIT e as persoas que xestionan operacións a título profesional

O artigo 15 de REMIT establece que as persoas que xestionen a título profesional operacións con produtos enerxéticos ao por maior deberán notificar á autoridade reguladora nacional, coa maior brevidade, se sospeitan razoablemente que unha operación pode constituír unha infracción dos artigos 3 e 5 do Regulamento. Dito artigo é de aplicación desde a entrada en vigor de REMIT, o 28 de decembro de 2011.

Co obxecto de facilitar a obriga de notificación das persoas que xestionan operacións a título profesional, ACER desenvolveu unha aplicación web específica. 

Notificación de sospeita razoable sobre unha operación

Sesión Informativa da CNMC sobre Rexistro de participantes no mercado (27 de maio de 2015): 2 Icono flecha hacia abajo Icono X para cerrar

Documentos relevantes e ligazóns de interese:
¿Te ha sido útil esta información?