Listen

Os programas de cumprimento comprenden unha serie de ferramentas que permiten ás empresas detectar e previr a súa participación en condutas ilícitas, capaces de xerar responsabilidade penal e administrativa e, polo tanto, afectar á súa reputación. Un programa de cumprimento axudará á empresa non só a evitar sancións, senón a detectar infraccións e saber reaccionar responsabelmente no caso de que se materialicen acudindo á CNMC e, eventualmente, eludir a prohibición de contratar co sector público.

Hai que ter en conta que para que os programas de cumprimento sexan efectivos debe garantirse a existencia dun compromiso de cumprimento que se traslade ao proceso de toma de decisións tanto da persoa física como do conxunto de traballadores da empresa.

Por último, hai que considerar que a Directiva de informantes obriga a empresas con máis de 50 traballadores a dispoñer dun canal de denuncia anónima para dar voz aos traballadores, provedores e clientes e poñer en coñecemento a existencia de prácticas anticompetitivas.

Calés son os principais criterios que se teñen en conta?

A continuación especifícanse os criterios de valoración máis importantes sobre os principais elementos que se inclúen nos programas de cumprimento normativo en empresas:

  • Independencia e autonomía do responsable de cumprimento
  • Identificación dos riscos
  • Deseño dos protocolos e mecanismos de control
  • Formación
  • Existencia dun canal de denuncias
  • Procedemento interno para a xestión de infraccións e denuncias
  • Sistema disciplinario

Espazos Compliance

A CNMC celebrou a través de xornadas públicas de colaboración público - privada, os "Espazos Compliance", nos que se debateu sobre diferentes temas dentro do ámbito da competencia e medidas preventivas no entorno empresarial.

Rexistro grupos interese